Archivo para February 18th, 2009

Galletas mariñeiras para unha aventura do século XXI

Novas February 18th, 2009

Galletas mariñeiras DAVEIGA ecológicasDende o século XV os barcos españois e portugueses que se aventuraban polos mares do mundo levaban como base da dieta dos mariñeiros o biscoito ou pan de barco do que proceden as actuais galletas mariñeiras de DAVEIGA.

No século XXI seguen planificándose aventuras non menos arriscadas, como a que iniciará en abril o galego Xesús García Juanes: percorrer 3.000 quilómetros a bordo dun kaiak especial, movido por pedais, e sen depender máis que do que leva na propia embarcación dende o primeiro día, sen posibilidades de reabastecemento mentres dure a proba.

No seu kaiak Juanes levará as galletas mariñeiras DAVEIGA, que volven a converterse en pan de barco grazas ás súas especiais característica de longa conservación sen que lles afecte a humidade.

blank