Archivo para May, 2009

As galletas mariñeiras, distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute

Novas May 14th, 2009

As galletas marineras DAVEIGA foron distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute (iTQi) polo seu sabor, aroma, textura e presentación. É a primeira vez que un produto da industria alimentaria galega recebe este galardón, que outorga o iTQi, organización radicada en Bruxelas e integrada por chefs e sumilleres e dedicada a avaliar e promover os alimentos de calidade en Europa.

So outra empresa galega (Aguas de Mondariz) ten este mesmo galardón, conseguido tamén na edición 2009.

O xurado avaliador valorou especialmente a primeira impresión causada polas galletas mariñeiras DAVEIGA, a súa textura, sabor e aroma. Cada alimento é valorado polos membros do xurado a cegas, sen envoltorios nin identificacións que permitan coñecer a orixe do mesmo, e valorase en función das súas propias calidades, sen comparalo con outros semellantes ao non tratarse dun concurso.

Na edición de 2009 o xurado analizou un total de 796 produtos, previamente selecionados, e procedentes de países de todo o mundo, dos que 525 acadaron puntuación suficiente para recibir algunha estrela e formar parte do palmarés do Superior Taste Award, considerado como a guía michelín dos alimentos.

As galletas mariñeiras DAVEIGA son unha forma de pan moi innovadora para o século XXI malia que a súa orixe veña do século XV en que constituían a base da alimentación dos barcos españois e portugueses que se lanzaron á conquista do mundo. Daquela recibían tamén o nome de biscoito e pan de barco.

Producidas en Chantada (Lugo) o emprego de materias primas producidas ou transformadas en Galicia representan mais do 80%. Fariña de trigo do país e de trigo ecolóxico, fariña e extracto de malte, manteiga, aceite de oliva, lecitina de soia, masa madre e lévedo natural son os ingredientes das distintas variedades de galletas, que se comercializan en cinco presentacións: galletas mariñeiras clásicas, sen sal, especiais para canapés, con aceite de oliva e con algas galegas. As dúas últimas variedades están amparadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Galletas mariñeiras: innovando cunha receita do século XV

O noso produto May 5th, 2009

As galletas mariñeiras DAVEIGA producción responsable son unha forma de pan moi innovadora para o século XXI malia que a súa orixe veña do século XV. Preséntanse coa forma redonda dunha galleta, cun sabor propio e textura dura pero agradable para a súa mastigación. Segundo as variedades, o sabor da manteiga, do aceite de oliva ou das algas está moi presente nun produto que ten múltiples aplicacións como substituto do pan ou as galletas doces e tamén na cociña, sendo unha extraordinaria base para canapés e preparacións similares, nas que se converten nun ingrediente fundamental mentres que noutros casos o pan de molde e similares é un mero soporte.

Producidas en Chantada (Lugo) o emprego de materias primas galegas é prioritario e so se empregan materias primas foráneas nos casos en que non existan en Galicia, como pode ser o aceite de oliva ou a fariña de trigo, ambos procedentes da agricultura ecolóxica.

As materias primas empregadas na elaboración das distintas variedades de galletas mariñeiras son:

  • Fariña de trigo do país, que da ás galletas mariñeiras un sabor característico.
  • Fariña de trigo seleccionada, e apropiada para un proceso de fermentación longo.
  • Fariña de trigo, procedente da agricultura ecolóxica, nas galletas ecolóxicas.
  • Fariña de malte, que facilita a fermentación da masa sen o emprego de aditivos e da cor á galleta, evitando o emprego de colorantes.
  • Extracto de malte, favorece a conservación da galleta e evita o uso de conservantes artificiais.
  • Manteiga. Elaborada en Galicia con leite de vacas galegas.
  • Aceite de oliva virxe, procedente da agricultura ecolóxica.
  • Lecitina de soia, como emulsionante e antioxidante natural
  • Lévedo natural. Emprégase masa madre para reducir o lévedo.

DAVEIGA producción responsable non emprega produtos transxénicos nas súas galletas mariñeiras.

blank