Archivo para June, 2009

DAVEIGA en Salimat

Novas June 18th, 2009

Un ano máis as galletas mariñeiras DAVEIGA estiveron presentes no Salón da Alimentación do Atlántico (Salimat), celebrado no marco da Semana Verde de Galicia.

Os profesionais do mundo da alimentación e a hostalería e o público en xeral puideron coñecer de primeira man tódalas especialidades da nosa firma, cunha gran aceptación por parte de todos.

Na xornada inaugural o stand de DAVEIGA recibiu a visita do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, momento que recolle a fotografía.

As galletas mariñeiras en “A Revista” e “Acompáñenos” da TVG

Novas June 9th, 2009

A estrela con que o International Taste & Quality Institute (iTQi) distinguiu ás galletas mariñeiras DAVEIGA polo seu sabor, aroma, textura e presentación tivo ampla repercusión na Televisión Galega. Primeiro foi o programa “A Revista” o que nos dedicou dúas reportaxes o día 26 de maio (reportaxe 1, reportaxe 2) e esta mesma semana estivemos no programa “Acompáñenos” (minuto 1:22:00).

blank