Archivo para July, 2009

DAVEIGA, na “Feira Camba Sustentable”

Novas July 13th, 2009

DAVEIGA producción responsable participa de forma activa na organización de “Feira Camba Sustentable” que terá lugar o 19 de xullo na Feira de Río, no concello pontevedrés de Rodeiro.

A feira é unha iniciativa que puxo en marcha no ano 2004 a Asociación de Veciños de Río, (Rodeiro) e nace como resposta á grave crise pola que atravesa o agro na comarca, na medida en que non queremos limitarnos a ser espectadores do peche das explotacións e do despoboamento que estamos sufrindo, senón que temos a obriga de mirar cara diante e buscar alternativas.

Coa súa organización queremos contribuír a recuperar o dinamismo do mundo rural apostando por un modelo de desenvolvemento que ofreza produtos de calidade, desde o respecto ó medio e a cultura.

O desenvolvemento da feira xira ó redor das seguintes actividades:

Feira Exposición, dividida en varias seccións:  Artesanía e Oficios, destacando un obradoiro en vivo do proceso de elaboración do liño e un obradoiro de tala de madeira. Producións agrarias alternativas, destacando  experiencias pioneiras no ámbito da agricultura sustentable. Mostra de razas autóctonas. Vacas cachenas, ovella galega, burros e unha exposición de mais de 20 razas autóctonas de galiñas.

Haberá sesión vermú con sangría e degustación de petiscos.

Paralelamente tamén se celebrará a Festa da Fartura. Trátase de unha festa gastronómica que ten por obxecto a exaltación dos principais producións da comarca de Camba. Empanada de chourizo con torresmos, coellos, polos e porquiños, todo feito a brasa e unha sobremesa moi tradicional das nosas romarías: as torradas de ovo.

blank