Archivo para February 9th, 2010

Galletas con ovos

Receitas February 9th, 2010

Una receta de Colineta

Tiña uns ovos de paspallar na neveira e onte decidín fritilos, que é unha actividade abondo complexa pola dificultade de partir o ovo sen rachar a xema. O meu sistema consiste en cortar a casca cun coitelo de serra pola parte máis ancha do ovo, baleirándoo nunha cunca antes de mandalo á tixola.

Fritidos os ovos, caín en que tiña unhas galletas mariñeiras, así que cada ovo acabou derriba dunha delas, cun chisco de pemento picante por derriba, unha xema de espárrago e unha alcaparra.

Gustoume o resultado, que ten tres sabores moi diferentes. No primeiro bocado apreciase o contraste entre o renxente da galleta e a cremosidade do ovo frito, coa graza do pemento, que nos fai lembrar uns ovos fritos con chourizo. No segundo bocado incorporase a xema de espárrago, co seu sabor mineral. No terceiro e último bocado a alcaparra fai saltar chispas na boca, coa súa acidez acética.

Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario,  do blog Colineta

blank