Visita do IES Leiras Pulpeiro á fábrica de Daveiga
Novas February 29th, 2012
Últimamente temos importantes puntos de promoción abertos a distintos niveis, despois de estar en Biofach e no Forum Gastronómico de Santiago chega o momento de que nos visiten e farano os consumidores dagora e do futuro: os rapaces e rapazas do IES Leiras Pulpeiro. En concreto serán os alumn@s do Ciclo Superior de industria alimentaria e de BAC os que coñecerán de primeira man o noso proceso de traballo. Contaremos con eles, casi medio cento de alumnos, o vindeiro día 1 de marzo pola tarde.
As nosas mariñeiras estarán no Forum Gastronómico de Santiago 2012.
Novas February 22nd, 2012
O Forum gastronómico de Santiago celebrarase entre o 26 e o 28 deste mes converténdose en punto de referencia dos elementos gastronómicos máis representativos de Galicia. Como non podería ser doutro xeito as Galletas Mariñeiras Daveiga participarán da cita a través dun stand da Consellería, ademáis o día 27 a partir das 16.30 horas haberá degustación das nosas Mariñeiras con delicias de percebe de Mar de Silleiro e viños da D.O. Rías Baixas. Poderédesnos atopar no posto da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Daveiga en Biofach Nüremberg
Novas February 16th, 2012
Bos días a todos??
Cómo vai ese frío intenso que nos acompaña desde principios de mes??
Nos non lle temos medo ó frío e buscamos máis. Desde hoxe e ata o 18 deste mes estamos en Biofach en Nüremberg (Alemania). Participamos a través dun stand da Consellería e cunha misión inversa do CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia). Estamos encantados de participar nunha das principais citas mundiais para a promoción e distribución de produtos ecolóxicos, cun público tan entendido na materia como é o alemán. Á volta os ensinaremos algunhas fotos a través do blog para que vexades o ambiente que se vive nestas citas. Unha aperta para todos!!
Galletas Daveiga con morcilla de Burgos, pemento do Piquillo e cebola caramelizada
Receitas February 13th, 2012
A nosa nova amiga Mariví do blog Inukares xa de volta en Costa Rica preparounos tal e como nos prometeu unha receita ben completa coas nosas mariñeiras. Gracias Mariví.
Tosta de salmón e mazá ó eneldo
Receitas February 1st, 2012
O noso novo amigo Jose do prestixioso blog Mi recetario.es fixo fai xa tempo esta receita coas nosas mariñeiras. Encontrounas na súa cidade Zaragoza e en canto descubríu as cualidades do noso produto non dubidou en incluíla nunha das receitas do seu blog.