Daveiga en Ribeira Sacra
Novas June 29th, 2012
Hola a Tod@s!! Esta é unha foto das nosas mariñeiras no noso entorno de Ribeira Sacra, concretamente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. O que vedes nesta primeira foto é o Colexio de Nosa Sra. da Antiga, comunmente chamado Os Escolapios xa que son a comunidade que rexentan o colexio na actualidade e dende fai moito tempo. O edificio é coñecido como o Escorial Galego polo seu parecido o famoso edificio da Comunidade de Madrid. Máis de catrocentos anos o contemplan e foi erixido polo Cardenal Rodrigo de Castro arredor do ano 1600. Este non é máis que un dos moitos monumentos que podedes encontrar se nos visitades. Tamén é unha invitación a animarvos a tod@s a que participedes no noso concurso fotográfico solidario que temos en marcha e por suposto esta foto non entra a concurso. Nos próximos días colgaremos algunha foto máis. Animádevos a participar con nós nesta iniciativa solidaria! Unha aperta para tod@s dende a Ribeira Sacra!!
Calor e mariñeiras
Novas June 27th, 2012
Hola A Tod@s. Nestes días no que o calor intenso apreta non hai nada mellor que acercarse a unha piscina, praia ou río cercano e que despois do exercicio tanto maiores como nenos se repoñan coas nosas mariñeiras. Por certo, non vos estades animando nada a enviarnos fotos para participar no noso concurso solidario! Nestes días colgaremos nos algunhas para darvos ideas e de paso coñezades a nosa zona. Lóxicamente as nosas non entran a concurso. Animádevos a participar!! Unha aperta dende Daveiga para tod@s!!
Transpirenaica exprés 2012
Novas June 13th, 2012
Unha vez máis o noso amigo Jesús García Juanes vai iniciar un novo reto. Trátase de cruzar os pirineos a pé e co xusto para sobrevivir. Entre as poucas cosas que o acompañan leva para a súa alimentación básica un kilo e medio das nosas mariñeiras. Sorte Jesús nesta nova travesía e que as mariñeiras te acompañen!!
Hola a tod@s de novo!! Hoxe día 1 de Xuño comenza o prazo de envío de fotografías para o noso concurso solidario que se manterá aberto ata o 31 de Xullo. Así que ánimo a tod@s e sacade esas cámaras fotográficas a andar. Unha aperta dende Daveiga. Esperamos as vosas fotos con ansia!!