Archivo para July 2nd, 2012
Daveiga en Ribeira Sacra II
Novas July 2nd, 2012
Bos días a tod@s!! Hoxe imos colgar unha segunda foto das nosas mariñeiras no seu entorno. Trátase de novo dunha foto de Monforte de Lemos, neste caso coa torre da homenaxe do conxunto monumental de San Vicente do Pino, formado por un Palacio Condal, un antigo monasterio e dúas torres, hoxe en día reconvertido en parador nacional de turismo. Mañá mostrarémosvos parte das vistas que se poden observar dende este conxunto monumental. Unha aperta. Nos non deixaremos de animarvos a que participedes con nós neste concurso solidario!!!