DAVEIGA no Telexornal
Vídeos February 5th, 2009
O Telexornal Mediodía da Televisión de Galicia recolleu hoxe a nova da entrega de certificados de calidade a DAVEIGA.
Para ver o video pulsar no enlace.
O Conselleiro de Industria da Xunta visitou DAVEIGA
Novas February 4th, 2009
Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia visitou as instalacións de DAVEIGA produción responsable como acto previo á entrega de certificacións de calidade por parte de Aenor, comprobando o alto nivel das instalacións e as esixencias de calidade ao longo de todo o proceso de produción.
O Conselleiro e o director de Aenor para Galicia, Martín Pita, escoitaron as explicacións do coordinador xeral de DAVEIGA, Xosé Lois Lamazares, sobre a orixe das galletas mariñeiras, as materias primas empregadas, as distintas variedades que se producen e o proceso de producción.
Despois da entrega dos catro certificados de calidade a DAVEIGA, única empresa galega en posesión dos mesmo, o Conselleiro resaltou as dificultades para conseguir ditos certificados e a importancia de potenciar as producións galegas de calidade.
Na presentación pódense ver algunhas imaxes da visita.
Catro certificados de calidade que fan única a DAVEIGA
Novas February 4th, 2009
A empresa LUGAR DA VEIGA recibiu esta mañá 4 certificados da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) que acreditan a aposta pola calidade e a mellora continua da compañía especializada na elaboración de GALLETAS MARIÑEIRAS. A entrega dos recoñecementos tivo lugar na sede da compañía (Chantada, Lugo) nun acto que contou coa presenza do Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco.
O Xerente de LUGAR DÁ VEIGA, Xosé Lois Lamazares, recibiu de mans do Director de AENOR en Galicia, Martín Pita, os certificados de Sistemas de Xestión da Seguridade Alimentaria (segundo a norma ISO 22000 e o protocolo de distribución alemá e francesa IFS), o de Xestión da Calidade (segundo ISO 9001) e o de Xestión Ambiental (ISO 14001).
A certificación é a manifestación de conformidade por unha entidade independente e co rigor de AENOR, de que unha organización cumpre cos requisitos que establecen as normas e implica a implantación dun Sistema de Xestión que aposta pola mellora continua. AENOR é a entidade líder en certificación tanto numericamente como na consideración de todos os axentes económicos.
En concreto, DAVEIGA obtivo os certificados de Seguridade Alimentaria baseados na Norma ISO 22000 e o protocolo de distribución alemá e francesa IFS. O alcance de ISO 22000 inclúe a produción e expedición de galletas. A norma internacional ISO 22000 establece os requisitos para desenvolver un Sistema de Xestión da Inocuidade dos Alimentos co obxectivo último de ofrecer alimentos seguros para o consumo e é o único que se aplica a todas as organizacións involucradas na cadea alimentaria (produtores primarios, fabricantes de alimentos para animais, de envases, industrias alimentarias, empresas de hostalería, entre outras).
Así mesmo, LUGAR DA VEIGA recibiu o Certificado de Seguridade Alimentaria en base ao protocolo de distribución alemá e francesa IFS. Trátase da certificación que este sector demanda aos seus provedores de Marcas Propias. Os seus requisitos son similares aos do protocolo de distribución británico BRC.
Ademais, DAVEIGA obtivo o Certificado de Calidade (ISO 9001), cuxo alcance cobre o deseño e a produción de galletas. Con este recoñecemento, LUGAR DA VEIGA, acredita o seu compromiso coa calidade, en resposta á súa constante mellora nos procesos. As vantaxes desta certificación son a eliminación dos custos da “non calidade”, o logro dunha maior implicación dos profesionais e, ademais, unha maior convicción na transmisión do compromiso coa calidade a todos os públicos dunha organización. ISO 9001 é a norma “estrela” de xestión da Calidade en todo o mundo cun millón de certificados en 175 países.
Para rematar, DAVEIGA obtivo o Certificado de Xestión Ambiental (segundo ISO 14001) de AENOR, cuxo alcance cobre o deseño e produción de galletas da empresa. ISO 14001 é a norma de xestión ambiental máis estendida no mundo con máis de 150.000 certificados en 148 países. Os seus principais beneficios son a minimización dos impactos ambientais, os beneficios económicos e legais e a valoración por parte das Administracións Públicas para acceder a contratos.
DAVEIGA recibe catro certificacións de calidade
Novas February 3rd, 2009
DAVEIGA produción responsable recibirá mañá, 4 de febreiro, un total de catro certificacións Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) que acreditan a aposta pola calidade e a mellora continua da compañía.
Ao acto de entrega das certificacións, que terá lugar na sede da empresa, asistirán o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o director de AENOR en Galicia, Martín Pita.
Facendo país
Novas January 29th, 2009
DAVEIGA produción responsable participou en Tomiño na xornada “Facendo país” na que un grupo de produtores galegos de alimentos de calidade presentaron a súa oferta aos membros da asociación de turismo rural Agarimo.
Xosé Lois Lamazares, Coordinador Xeral da empresa, explicou aos presentes a historia e o presente das galletas mariñeiras así coma os criterios sociais, económicos e de calidade que moven a produción das mesmas.
Posteriormente as galletas mariñeiras estiveron presentes na degustación elaborada polos cociñeiros da Quinta do Ramo (Tomiño), acadando un gran éxito entre os asistentes.
O blog de Daveiga
Novas January 26th, 2009
Benvidos ao novo blog de Daveiga produción responsable.