Explorando la Categoría: "Novas"

Premio entregado e recibido

Novas January 23rd, 2012

A nosa amiga Rocío do blog La Cocina de mi Abuelo, gañadora do Concurso solidario de receitas xa recibíu o magnífico lote de produtos galegos co que premiabamos ó gañador@ do concurso. Non nos queda máis que dar as gracias de novo tanto á gañadora como aos demáis participantes.

As nosas mariñeiras protagonistas dun curso de cociña infantil

Novas January 16th, 2012

O MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa) de A Coruña acolle entre o 14 de Xaneiro e o 4 de Febreiro un curso de cociña infantil onde entre outras receitas os nen@s aprenderán a cociñar unhas minipizzas de galletas mariñeiras. O seu obxectivo é “iniciar aos pequenos dunha forma divertida e amena no mundo da cociña”.

Máis información

Xa temos gañador/a do Concurso Solidario

Novas January 9th, 2012

Hola a tod@s!! O sorteo do neno 2012 decidíu. O primeiro premio recaíu no Nº 71208 e segundo as bases do concurso a receita gañadora sería aquela cuxas dúas derradeiras cifras do Nº de entrada no blog coincidiran coas dúas derradeiras cifras do Nº gañador do Sorteo do Neno. Polo tanto, a receita gañadora é a Nº008 titulada “Tarta de Galletas Mariñeiras Daveiga” do blog La cocina de mi abuelo da nosa amiga Rocío. Xa sabedes que segundo as bases o premio para Rocío é un completo lote de produtos galegos valorado en máis de 100 € e que a nos tocábanos enviar ó Banco de Alimentos de Lugo tantos lotes dos nosos produtos coma receitas presentadas, é dicir, 16. Sen embargo, decidimos neste momento enviar 50 lotes compostos cada un dunha bolsa de galletas mariñeiras con manteiga e dunha bolsa de galletas mariñeiras con aceite. Nesta mesma semana faremos efectivos os envíos tanto a gañadora coma ó Banco de Alimentos de Lugo. Unha vez feita a entrega ó Banco de Alimentos, DAVEIGA publicará no seu blog unha copia selada do albará de entrega ou certificado emitido pola Fundación Banco de Alimentos.

Noraboa a Rocío e moitísimas gracias a todos os demáis participantes polo voso esforzo e imaxinación para preparar as vosas receitas solidarias e por decidir colaborar nesta iniciativa.

As nosas mariñeiras sempre presentes

Novas December 29th, 2011

A nosa amiga Rocío do blog La Cocina de mi Abuelo asistíu hai uns días á presentación dun recetario para presentar en sociedade unha xelatina ou marmelada denominada Gelée de Baladiñas da adega de Rías Baixas Lagar de Besada. Formando parte dese recetario estaban as nosas galletas mariñeiras conformando unha das tres receitas que consistía nun canapé de foie caramelizado e gelée. Unha mostra máis da versatilidade e calidade das nosas mariñeiras.

Felices Festas dende Daveiga

Novas December 23rd, 2011

Dende Daveiga queremos desexarvos a tod@s unhas moi felices festas de Nadal e un próspero ano 2012. Nós, pola nosa parte, esperamos que no vindeiro ano poidamos facer polo menos tantos blogs amigos como neste ano que remata e manter unha boa amizade cos que xa nos seguides. Que coas nosas galletas compartamos grandes momentos!!

Non houbo sorte no Sorteo do Nadal

Novas December 22nd, 2011

Hola a Tod@s. Pois non houbo sorte. Xa sabedes que o gordo de Nadal é o nº 58268 co que as dúas derradeiras cifras non coinciden con ningunha das receitas presentadas ata o de agora. Deste xeito, e como xa vos adiantabamos hai uns días, hoxe mesmo ábrese de novo o concurso podendo presentar receitas ata as 00.00h do día 4 de Xaneiro. A receita gañadora será aquela cuxas dúas derradeiras cifras do número de entrada no noso blog coincidan coas dúas derradeiras cifras do gordo do Sorteo do Neno. As receitas presentadas ata o día 15 entrarán automáticamente no sorteo e as que entren a partires de hoxe iranse numerando do número 012 (incluído) en diante. Animádevos todos aqueles que non participástedes aínda a ver se así conseguimos sumar o maior número de receitas posibles. Xa sabedes que por cada receita recibida entregamos un lote dos nosos produtos ó banco de alimentos de Lugo. Moitas gracias por adiantado, moita sorte,Feliz Nadal e moi bo ano próximo para todos!!!

Recordámosvos as BASES.

BANCO DE ALIMENTOS DE LUGO

¿Remata o prazo para participar no Concurso de Receitas solidarias?

Novas December 19th, 2011

Tal  e como se recolle nas bases, o pasado día 15 rematou o prazo para participar no Concurso de receitas solidarias. Presentáronse 11 receitas. Premiarase aquela que teña unha numeración que corresponda coas dúas derradeiras cifras do sorteo de Nadal do día 22. En caso de que non haxa ningunha receita premiada, o propio día 22 abrirase de novo o concurso podendo presentar receitas ata o día 4 de Xaneiro. As receitas presentadas ata o día 15 entrarán automáticamente no sorteo e as que entren a partires do día 22 iranse numerando do número 012 (incluído) en diante. Sorte e moitas gracias a todos por participar!!

A ver que nos depara o sorteo do día 22. Aínda nos volveremos a atopar a través do blog pero xa vos adiantamos que esperamos que todos teñades unhas estupendas festas do Nadal e que o 2012 sexa un ano cheo de boas cousas para todos.

Recta final Concurso receitas solidarias

Novas December 15th, 2011

Bos días a todos. Esperamos que estedes disfrutando desta semana. Queriamos recordarvos que o día 15 deste mes remata o prazo para participar no Concurso de receitas solidarias que temos en marcha. A estas alturas o número de participantes non é o que esperabamos por eso nos gustaría que nos deixarades suxestións e propostas para en próximas ocasións facer chegar ao banco de alimentos máis lotes de produtos o que quererá dicir que a participación é maior que a acadada ata o momento. Esperamos as vosas opinións para seguir mellorando e lembrade que aínda queda unha semana de concurso. Animádevos todos!! Moitas gracias e unha aperta dende Galicia.

Concurso de receitas solidarias Daveiga

Novas December 15th, 2011

Ata o 15 de Decembro temos en marcha un concurso de receitas solidarias elaboradas con algún dos nosos produtos. Os gañadores recibirán un lote de produtos galegos. Por cada receita recibida enviaremos un lote de produtos Daveiga ó Banco de Alimentos de Lugo. Agardamos a vosa participación e moita sorte a tod@s!! Estas son as BASES.

BANCO DE ALIMENTOS DE LUGO

Balance positivo das I Xornadas de Nutrición clínica e dietética

Novas November 14th, 2011

A organización das I Xornadas de Nutrición clínica e dietética que se celebraron recentemente en Lugo asegura que a actividade foi moi positiva superando as expectativas tanto en participación como no nivel das ponencias. Aquí tedes un resumo das intervencións.

blank