Explorando la Categoría: "Novas"

I Xornadas de Nutrición clínica e dietética

Novas October 28th, 2011

Nestes intres Daveiga produción responsable está a participar nas I Xornadas de Nutrición clínica e dietética que se están a celebrar na Faculdade de Ciencias da USC en Lugo e que están organizadas pola Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas. Pola mañá, houbo mesa redonda sobre a actualidade do dietista-nutricionista na sociedade actual e dúas charlas nas que se está a falar sobre a importancia do abordaxe nutricional mediante equipos multidisciplinares e sobre a hidratación como un aspecto de máxima relevancia científica na nutrición. Pola tarde haberá outra mesa redonda na que se abordará a dietoterapia en enfermedades intestinais e logo dúas charlas máis, unha versará sobre a abordaxe nutricional no paciente oncolóxico e unha segunda charla sobre a elaboración de dietas por método de intercambio, para rematar ás oito da tarde coa clausura das xornadas.

Algo máis sobre a nosa filosofía de traballo

Novas October 25th, 2011

“Para Daveiga a RSE (Responsabilidade social empresarial) é compromiso coa calidade e seguridade alimentaria, co desenvolvemento sostido e coa economía social.”

Daveiga en Vino Gallego

Novas October 20th, 2011

“Galletas marineras Daveiga, un producto único en el mercado español”. A nosa empresa e o traballo que facemos segue espertando interese nos medios de comunicación gastronómicos. Un verdadeiro pracer saír referenciados en Vino Gallego. Gracias!!

I Xornadas de Nutrición clínica e dietética

Novas October 14th, 2011

Dende a Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas están a organizar as I Xornadas de nutrición clínica e dietética que se celebrarán en Lugo o día 28 de Outubro e na que estarán presentes un grupo de ponentes de grande renombre e prestixio profesional sendo referentes pola sua experiencia no campo da nutrición e a dietética. A nosa empresa Daveiga Produción Responsable participa, como non podía ser de outro xeito, como colaboradora do evento. Para quen estea interesado en participar, deixámosvos abaixo toda a información xunto coa inscripción. Boa fin de semana para todos!

Inscripcion_I_jornadas_AGD-N_(1)

 

Alguén dixo de nos…

Novas September 28th, 2011

“…isa auténtica xoia que eleborástedes a partires do Pan de Barco , ademáis dotástedes ó produto dun irresistíbel e un moi poderoso sustrato lírico-poético…”

A que sona ben. Da gusto que falen así do traballo dun. Pronto vos diremos quen dixo estas palabras sobre as nosas mariñeiras.

Ata pronto.

Vendima na Ribeira Sacra

Novas September 21st, 2011

Ola a todos. Estamos en Vendima na D.O. Ribeira Sacra!! Desde mediados de mes e ata comezos de Outubro a Ribeira Sacra atópase en plena actividade vitícola. Aquí non é doado o traballo xa que o viñedo está en ladeiras de máis do 45% de pendente o que imposibilita a mecanización,  polo que toda a actividade é manual. De feito, aínda quedan viñas inaccesibles por terra. Nestes casos, os viticultores acceden en barca a través do río, cargan as uvas na barca e regresan ata a adega. É un espectáculo ver traballar aos viticultores da nosa denominación nesas condicións. As ribeiras do Sil e do Miño ferven de actividade desde ben cedo pola mañá, e ata que o sol se pon non chega a tranquilidade ás nosas ribeiras. Aínda quedan uns cantos días de duro traballo, pero seguro que o ano que ven estaremos saboreando uns viños excelentes gracias ao durísimo traballo que adegueiros e viticultores da Ribeira Sacra realizan nestes días.

Ata pronto.

Chantada

Novas August 26th, 2011

Este fin de semana estamos de festas en Chantada e celebrarase o tradicional Folión de Carros do que vos falamos, sen dúbida estas datas son unha boa oportunidade para visitar a comarca e se non o mes que vén, en que adegueiros e viticultores comezarán os traballos de vendima. Isto por non dicir que calquera época do ano é boa, como así é. E mentres Chantada se viste de festa, nós aquí seguimos dando saída ás galletas mariñeiras. Esperamos que vos gustara este paseo fotográfico pola zona. En breve proporémosvos outra nova iniciativa desde o noso blog. Atentos!!!!

Viñedo en Outono

Novas August 24th, 2011

Presentámosvos unha das imaxes máis bonitas que nos deixa a Ribeira Sacra na zona de Chantada, falamos de viñedo. Comezamos este repaso á zona co viñedo no verán completamente verde, tras a vendima, no outono, as cepas tínguense de amarelos e vermellos, segundo a variedade de uva. O resultado ladeiras de viñedo cara ao río que crean unha manta dourada con toques avermellados. Tedes que velo en persoa.

Entroido Ribeirao

Novas August 22nd, 2011

O entroido na Ribeira Sacra ten unha gran tradición, especialmente na ribeira de Chantada onde se celebra o que se coñece como Entroido Ribeirao. Os protagonistas son: volantes que teñen as cintas de cores e as flores como principais elementos; maragatos ou piliqueiros vestidos con roupa vella e peles de animais e os mecos, veciños disfrazados con máscaras que representan escenas diversas, xeralmente de parodia. O entroido tivo históricamente unha gran tradición na ribeira, hoxe concéntrase, principalmente, nas parroquias de Nogueira e Santiago de Arriba. Asistir a este tipo de actividade é unha viaxe á tradición e á etnografía.

Río Miño

Novas August 19th, 2011

Que tal vai todo?
Hoxe seguimos ensinándovos a nosa zona con algunhas das imaxes que consideramos máis interesantes. Hoxe o protagonista volve ser o río Miño. O mércores ensinabámosvolo co seu caudal baixo na parte superior do encoro de Belesar. A imaxe de hoxe corresponde ao Miño, logo da presa, é unha imaxe sacada no outono pasado, xa que na actualidade o nivel nesta parte está tamén algo máis baixo. Esta parte do río pódese navegar cun catamarán que sae do pobo de Belesar que xa vos ensinamos neste percorrido.

blank