As galletas mariñeiras DAVEIGA producción responsable son unha forma de pan moi innovadora para o século XXI malia que a súa orixe veña do século XV. Preséntanse coa forma redonda dunha galleta, cun sabor propio e textura dura pero agradable para a súa mastigación. Segundo as variedades, o sabor da manteiga, do aceite de oliva ou das algas está moi presente nun produto que ten múltiples aplicacións como substituto do pan ou as galletas doces e tamén na cociña, sendo unha extraordinaria base para canapés e preparacións similares, nas que se converten nun ingrediente fundamental mentres que noutros casos o pan de molde e similares é un mero soporte.
Producidas en Chantada (Lugo) o emprego de materias primas galegas é prioritario e so se empregan materias primas foráneas nos casos en que non existan en Galicia, como pode ser o aceite de oliva ou a fariña de trigo, ambos procedentes da agricultura ecolóxica.
As materias primas empregadas na elaboración das distintas variedades de galletas mariñeiras son:
- Fariña de trigo do país, que da ás galletas mariñeiras un sabor característico.
- Fariña de trigo seleccionada, e apropiada para un proceso de fermentación longo.
- Fariña de trigo, procedente da agricultura ecolóxica, nas galletas ecolóxicas.
- Fariña de malte, que facilita a fermentación da masa sen o emprego de aditivos e da cor á galleta, evitando o emprego de colorantes.
- Extracto de malte, favorece a conservación da galleta e evita o uso de conservantes artificiais.
- Manteiga. Elaborada en Galicia con leite de vacas galegas.
- Aceite de oliva virxe, procedente da agricultura ecolóxica.
- Lecitina de soia, como emulsionante e antioxidante natural
- Lévedo natural. Emprégase masa madre para reducir o lévedo.
DAVEIGA producción responsable non emprega produtos transxénicos nas súas galletas mariñeiras.