Empanada de zamburiñas con galletas mariñeiras

Receitas February 16th, 2009

As galletas mariñeiras DAVEIGA son deliciosas solas ou en compaña de moitos outros alimentos e permiten usos moi diversos e ata incluso sorprendentes, como é o caso da empanada de zamburiñas que publica o blog La Caja de los Hilos, no que a masa se substitúe por galletas mariñeiras e a cociñeira ou cociñeiro aforra o traballo de amasar, ademais de conseguir sorprender aos seus comensais.

Soledad Felloza, actriz, contacontos e responsable de La Caja de los Hilos emprega na súa receita unha bolsa de galletas mariñeiras, ademais de zamburiñas, tomates, allo, pemento, cebola, aceite, viño, ovo… ¿e cómo sería a cousa empregando as galletas mariñeiras con algas?.

DAVEIGA en La Voz de Galicia e El Progreso

Prensa February 9th, 2009

De Prensa

La Voz de Galicia, o xornal de máis difusión de Galicia, recolleu nas súas páxinas a entrega a DAVEIGA produción responsable de catro certificados de calidade entregados por Aenor, así como a visita do conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia á súas instalacións (La Voz de Galicia, 5 de febreiro de 2009).

Pola súa parte, a edición do Deza do mesmo xornal fíxose eco na nova o domingo 8 de febreiro, resaltando a orixe dezana dos fundadores da empresa.

El Progreso tamén recolle a nova na edición do 5 de febreiro, cun amplo tratamento sobre a visita de Fernando Blanco á fábrica e a entrega dos certificados de calidade, así como unha entrevista ao coordinador xeral da empresa, Xosé Lois Lamazares.

DAVEIGA no Telexornal

Vídeos February 5th, 2009

O Telexornal Mediodía da Televisión de Galicia recolleu hoxe a nova da entrega de certificados de calidade a DAVEIGA.

Para ver o video pulsar no enlace.

O Conselleiro de Industria da Xunta visitou DAVEIGA

Novas February 4th, 2009

Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia visitou as instalacións de DAVEIGA produción responsable como acto previo á entrega de certificacións de calidade por parte de Aenor, comprobando o alto nivel das instalacións e as esixencias de calidade ao longo de todo o proceso de produción.

O Conselleiro e o director de Aenor para Galicia, Martín Pita, escoitaron as explicacións do coordinador xeral de DAVEIGA, Xosé Lois Lamazares, sobre a orixe das galletas mariñeiras, as materias primas empregadas, as distintas variedades que se producen e o proceso de producción.

Despois da entrega dos catro certificados de calidade a DAVEIGA, única empresa galega en posesión dos mesmo, o Conselleiro resaltou as dificultades para conseguir ditos certificados e a importancia de potenciar as producións galegas de calidade.

Na presentación pódense ver algunhas imaxes da visita.

blank