Galletas mariñeiras con magret de pato, queixo de ovella semicurado e mostaza en gran

Receitas March 21st, 2010

Unha receita de Another Cow in the Corn

É o que che ten esta tendencia a dar toda a información dos platos no título, xa sabedes o que hai, só hai que verlle a pinta ;-) .

É moi doado necesitamos galletas mariñeiras (por suposto), unhas lonchas de magret de pato que ocasionalmente venden no Lidl, unhas hostias de queixo de ovella, realmente deben ser moi finas, case transparentes, para que lle dean ese brillo e un toque de sabor, pero non enmascaren ó magret que é o realmente importante e finalmente uns grans de mostaza á antiga (mellor que veña da neveira) que son o contrapunto de cor e sabor nesta presentación.

Simplemente deitamos un par de lonchas ou tres por galleta, sobre elas unhas lascas de queixo, é damoslle un golpe cun soplete ou pala de queimar, ata que comece a fundir a graxa do magret, e o queixo. Rematamos cos grans de mostaza.

Recomendo consumir antes de que enfríe completamente, para apreciar o contraste de sabores e de temperaturas.

Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario,  do blog Another Cow in the Corn.

DAVEIGA en Salimat

Novas June 18th, 2009

Un ano máis as galletas mariñeiras DAVEIGA estiveron presentes no Salón da Alimentación do Atlántico (Salimat), celebrado no marco da Semana Verde de Galicia.

Os profesionais do mundo da alimentación e a hostalería e o público en xeral puideron coñecer de primeira man tódalas especialidades da nosa firma, cunha gran aceptación por parte de todos.

Na xornada inaugural o stand de DAVEIGA recibiu a visita do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, momento que recolle a fotografía.

blank