María en esencia recibe as galletas mariñeiras
Blogs February 23rd, 2011
O blog gastronómico de María en esencia recolle a chegada das galletas mariñeiras ás súas mans. A ver que impresión lle causan.
Gracias a ti María polo teu blog.
O blog gastronómico de María en esencia recolle a chegada das galletas mariñeiras ás súas mans. A ver que impresión lle causan.
Gracias a ti María polo teu blog.
Unha receita de Another Cow in the Corn
É o que che ten esta tendencia a dar toda a información dos platos no título, xa sabedes o que hai, só hai que verlle a pinta
.
É moi doado necesitamos galletas mariñeiras (por suposto), unhas lonchas de magret de pato que ocasionalmente venden no Lidl, unhas hostias de queixo de ovella, realmente deben ser moi finas, case transparentes, para que lle dean ese brillo e un toque de sabor, pero non enmascaren ó magret que é o realmente importante e finalmente uns grans de mostaza á antiga (mellor que veña da neveira) que son o contrapunto de cor e sabor nesta presentación.
Simplemente deitamos un par de lonchas ou tres por galleta, sobre elas unhas lascas de queixo, é damoslle un golpe cun soplete ou pala de queimar, ata que comece a fundir a graxa do magret, e o queixo. Rematamos cos grans de mostaza.
Recomendo consumir antes de que enfríe completamente, para apreciar o contraste de sabores e de temperaturas.
Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario, do blog Another Cow in the Corn.
O blog gastronómico pistoYnopisto ofrece as súas impresións sobre a primeira proba das galletas mariñeiras DAVEIGA, que compara cos water biscuit ingleses, con resultados moi positivos para o noso produto. Di o blog:
“Pero como me reconozco incapaz de documentar adecuadamente dicho nexo, dejémoslo en que este pan de barco de procedencia gallega, forma redonda y tamaño similar a un water biscuit inglés, está estupendo y tiene un precio que es apenas una fracción del de su primo británico.”
E engade:
“Por dos euros, que es lo que me confesaron que costó el paquete de 250 gramos, me ha parecido un producto excelente. El sitio web de la marca me ha mostrado también una preocupación por la responsabilidad social, así como un interés por los productos ecológicos.”
Unha receita de Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo
Sobre a galleta disponse unha rodaxa dunha boa mozarella de búfala, sobre esta unha rodaxa dun tomate saboroso e, por derriba, unhas folliñas de ourego fresco, unhas pingas de aceite de albahaca caseiro (dávos o traballo de preparalo, que vale a pena, ou na súa falta ponlle unha folliña de albahaca), unha pinga dun bo vinagre balsámico de Módena e unhas escamas de sal Maldon.
A receita foi tomada, con autorización do propietario, do blog Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo
O aventureiro galego Jesús García Juanes realiza estes días o seu último reto: percorrer en bicicleta a ruta Tarifa-Estaca de Bares en autonomía absoluta, é dicir, transportando dende o comezo na súa bicicleta tódolos alimentos e auga que vai consumir no traxecto.
Entre os alimentos que leva Juanes atópase un quilo e medio de galletas mariñeiras DAVEIGA, 200 gramos para cada día de viaxe previsto
Una receta de Colineta
Tiña uns ovos de paspallar na neveira e onte decidín fritilos, que é unha actividade abondo complexa pola dificultade de partir o ovo sen rachar a xema. O meu sistema consiste en cortar a casca cun coitelo de serra pola parte máis ancha do ovo, baleirándoo nunha cunca antes de mandalo á tixola.
Fritidos os ovos, caín en que tiña unhas galletas mariñeiras, así que cada ovo acabou derriba dunha delas, cun chisco de pemento picante por derriba, unha xema de espárrago e unha alcaparra.
Gustoume o resultado, que ten tres sabores moi diferentes. No primeiro bocado apreciase o contraste entre o renxente da galleta e a cremosidade do ovo frito, coa graza do pemento, que nos fai lembrar uns ovos fritos con chourizo. No segundo bocado incorporase a xema de espárrago, co seu sabor mineral. No terceiro e último bocado a alcaparra fai saltar chispas na boca, coa súa acidez acética.
Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario, do blog Colineta
Una receta de Colineta
Makeijan publica unha escolma de receitas con galletas mariñeiras e lembrou que tiña esta foto sen publicar.
Trátase, como di o título, dunha sopa de cebola na que substituín o pan torrado por unha galleta mariñeira derriba da que puxen o queixo para despois gratinalo. O resultado gustoulle a toda a familia, inda que para o meu gusto a galleta estaba demasiado enteira cando o que eu buscaba era que se empapara no caldo.
A preparación da sopa é moi sinxela: abondo cebola picada que se doura nunha mestura de manteiga de vaca (o toque francés) e aceite de oliva ata que colle unha cor moi subida, pero sen que chegue a queimarse. De seguido engádese un caldo que xa teremos preparado, salpementase e deixase cocer para rematar finalmente triturar co batedor. Tamén se pode suprimir o triturado, deixando a cebola en anacos. Para rematar póñense as galletas mariñeiras, cóbrense de abundante queixo e gratínase para que se funda. Inicialmente pensaba poñer queixo do Cebreiro, que me gusta moito cómo funde, pero como non tiña naquel momento empreguei un enmental relado.
¡Ollo, que queima!
Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario, do blog Colineta