A entrega dos premios Sabor del Año, en La Voz de Galicia

Prensa March 25th, 2010

A entrega dos premios Sabor del Año, que tivo lugar en Alimentaria o 24 de marzo, recollido en La Voz de Galicia tanto o día 24 coma o 25 e tamén forman parte da galería de fotos da semana

As galletas mariñeiras, valoradas moi positivamente polo blog gastronómico pistoYnopisto

Blogs March 17th, 2010

O blog gastronómico pistoYnopisto ofrece as súas impresións sobre a primeira proba das galletas mariñeiras DAVEIGA, que compara cos water biscuit ingleses, con resultados moi positivos para o noso produto.  Di o blog:

Pero como me reconozco incapaz de documentar adecuadamente dicho nexo, dejémoslo en que este pan de barco de procedencia gallega, forma redonda y tamaño similar a un water biscuit inglés, está estupendo y tiene un precio que es apenas una fracción del de su primo británico.”

E engade:

Por dos euros, que es lo que me confesaron que costó el paquete de 250 gramos, me ha parecido un producto excelente. El sitio web de la marca me ha mostrado también una preocupación por la responsabilidad social, así como un interés por los productos ecológicos.”

Ensalada caprese sobre galleta mariñeira

Receitas March 15th, 2010

Unha receita de Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo

Sobre a galleta disponse unha rodaxa dunha boa mozarella de búfala, sobre esta unha rodaxa dun tomate saboroso e, por derriba, unhas folliñas de ourego fresco, unhas pingas de aceite de albahaca caseiro (dávos o traballo de preparalo, que vale a pena, ou na súa falta ponlle unha folliña de albahaca), unha pinga dun bo vinagre balsámico de Módena e unhas escamas de sal Maldon.

A receita foi tomada, con autorización do propietario,  do blog Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo

Galletas mariñeiras, unha delicatessen segundo El Correo

Prensa March 13th, 2010

As galletas mariñeiras DAVEIGA consideradas unha delicatessen pola edición dixital de El Correo (Vizcaya) diario do grupo Vocento.

De Prensa

Galletas mariñeiras na dieta do aventureiro galego Juanes

Novas March 9th, 2010

O aventureiro galego Jesús García Juanes realiza estes días o seu último reto: percorrer en bicicleta a ruta Tarifa-Estaca de Bares en autonomía absoluta, é dicir, transportando dende o comezo na súa bicicleta tódolos alimentos e auga que vai consumir no traxecto.

Entre os alimentos que leva Juanes atópase un quilo e medio de galletas mariñeiras DAVEIGA, 200 gramos para cada día de viaxe previsto

Sopa de cebola con galleta mariñeira

Receitas January 22nd, 2010

Una receta de Colineta

Makeijan publica unha escolma de receitas con galletas mariñeiras e lembrou que tiña esta foto sen publicar.

Trátase, como di o título, dunha sopa de cebola na que substituín o pan torrado por unha galleta mariñeira derriba da que puxen o queixo para despois gratinalo. O resultado gustoulle a toda a familia, inda que para o meu gusto a galleta estaba demasiado enteira cando o que eu buscaba era que se empapara no caldo.

A preparación da sopa é moi sinxela: abondo cebola picada que se doura nunha mestura de manteiga de vaca (o toque francés) e aceite de oliva ata que colle unha cor moi subida, pero sen que chegue a queimarse. De seguido engádese un caldo que xa teremos preparado, salpementase e deixase cocer para rematar finalmente triturar co batedor. Tamén se pode suprimir o triturado, deixando a cebola en anacos. Para rematar póñense as galletas mariñeiras, cóbrense de abundante queixo e gratínase para que se funda. Inicialmente pensaba poñer queixo do Cebreiro, que me gusta moito cómo funde, pero como non tiña naquel momento empreguei un enmental relado.

¡Ollo, que queima!

Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario,  do blog Colineta

Galleta mariñeira con champiñóns en vinagre

Receitas January 11th, 2010

Unha receita de La cocina delokos

Ingredientes

400g de champiñóns, pequenos, pechados e moi frescos – 6 dentes de allo – perexil fresco – vinagre de sidra-  aceite de oliva virxe extra –  sal – galletas mariñeiras

Cortar os pés deixando un pouco, e limpar os sombreiros dos champiñóns cun papel de cociña. Preparámolos en láminas medias, cun coitelo ou ben coa axuda dun cortador de ovos, o que facilita moitísimo a tarefa, e permite obter grosores iguais. Pómolos nun cazo, e mollamos con abundante vinagre de sidra cun pouco de sal, sen cubrilos completamente, removéndoos de cando en vez, un total dunha hora e media, máis ou menos.

Escorrémolos moi ben dentro dun coador grande, un bo intre. Mentres tanto, picamos moi fino o allo e o perexil fresco. Mesturámolos cos champiñóns, e, ou ben os deixamos nun cazo, ou ben os pomos nun bote, e cubrímolos con aceite de oliva virxe extra. Deixamos macerar, na neveira, 36 horas antes de consumir.

Desde que probei así preparados os champis, chamo a esta receita “boqueróns vexetarianos” porque teñen a mesma textura, e atreveríame a dicir que practicamente o mesmo sabor, que os boqueróns en vinagre. Iso si, garantido 100% libre de anisakis

A receita dos champiñóns en vinagre saqueina do blog de Puntiyo, La cocina de mi casa, con algunha pequena variación, como que os tiven só hora e media en vinagre de sidra, e non os lavei previamente, senón tan só limpado con papel de cociña, para eliminar os restos de terra, xa que ao lavalos compórtanse como esponxas, absorbendo moitísima auga.

A galleta mariñeira é un complemento excelente a este prato, tanto polo seu sabor como polo feito de que permite servilo a modo de snack. Poderiamos pórlle, tamén, unha pequena folla de leituga debaixo, para dar máis sabor e un toque extra de cor.

Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario,  do blog La cocina delokos

Os consumidores premian as galletas mariñeiras Daveiga como “Sabor del año”

Novas December 21st, 2009

As galletas mariñeiras DAVEIGA, fabricadas en Chantada pola empresa DAVEIGA produción responsable obtiveron o recoñecemento de “Sabor del Año 2010″, un selo de calidade nacido en Francia hai máis dunha década e ao que se sumou España dende 2007.

DAVEIGA presentou para a súa avaliación polos consumidores as galletas mariñeiras clásicas, elaboradas con manteiga, e as galletas ecolóxicas, elaboradas con aceite de oliva. As galletas mariñeiras obtiveron a puntuación mais alta na categoría “Crackers, galletas salgadas e similares”.

O selo de calidade é concedido unicamente aos produtos de cada categoría que acadaron a maior puntuación despois de ser sometidos a catas cegas por parte de consumidores que non dispoñen de información sobre marcas nin procedencia dos produtos catados. Os catadores deben puntuar de cero a 10 a impresión xeral de cada produto catado, así como aspecto, aroma, textura e gusto. As catas realízanse en laboratorios de análise sensorial acreditados pola Entidad Española de Acreditación (ENAC) co fin de crear un escenario independente de calquera marca.

“Sabor del Año” é o único selo distintivo de calidade do sector da alimentación que se basea exclusivamente na valoración do produto polos consumidores tras unha degustación a cegas do mesmo.

A obtención deste selo de calidade representa para DAVEIGA un destacado recoñecemento ao traballo desenvolvido polos equipos de Calidade, produción e Marketing. Sobre todo por que é o único produto de España, recoñecido con esta distinción na categoría de “Crackers ou Galletas salgadas”

A entrega de galardóns producirase no marco da feira Alimentaria, que terá lugar en marzo do próximo ano en Barcelona. As galletas mariñeiras de DAVEIGA terán un espazo destacado dentro do stand de Sabor del Año nesta feira.

Outros galardóns

Este non é o primeiro galardón obtido polas galletas mariñeiras en función da súa calidade. Xa na pasada primavera foron distinguidas cunha estrela polo International Taste & Quality Institute (iTQi), polo seu sabor, aroma, textura e presentación. Entón era a primeira vez que un produto da industria alimentaria galega recibía ese galardón, que outorga o iTQi, organización radicada en Bruxelas e integrada por chefs e sumilleres e dedicada a avaliar e promover os alimentos de calidade en Europa.

As galletas mariñeiras DAVEIGA son unha forma de pan moi innovadora para o século XXI malia que a súa orixe veña do século XV en que constituían a base da alimentación dos barcos españois e portugueses que se lanzaron á conquista do mundo. Daquela recibían tamén o nome de biscoito e pan de barco.

Producidas en Chantada (Lugo) o emprego de materias primas producidas ou transformadas en Galicia representan mais do 90%. Fariña de trigo do país e de trigo ecolóxico, fariña e extracto de malte, manteiga, aceite de oliva, lecitina de soia e lévedo natural son os ingredientes das distintas variedades de galletas, que se comercializan en cinco presentacións: galletas mariñeiras clásicas con sal, sen sal, especiais para canapés, con aceite de oliva e con algas galegas. As dúas últimas variedades están amparadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Galletas mariñeiras maridadas con Ribera del Duero

Novas November 24th, 2009

As galletas mariñeira DAVEIGA participaron no “Maridaje de vinos de Ribera del Duero con productos de Calidad Diferenciada de Galicia”, organizado polo consello regulador da D.O. Ribera del Duero, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos o 23 de novembro.

As galletas mariñeiras formaron parte dun prato chamado “Mexillón o pemento afumado, sobre galleta mariñeira de algas con salsa de follas tenras”.

Outros produtos galegos de calidade que formaron parte da degustación foron o polbo á feira e as patacas, os queixos galegos e o mel, pescada de Celeiro, fabas de Lourenzá, lacón, capón de Vilalba, pan de Cea, botelo, castañas…

Daniel Turado, cociñeiro do Hostal dos Reis Católicos, propuxo o maridaxe das galletas mariñeiras con mexillóns cos viños xóvenes de Ribera del Duero

Solombo de porco con cereixas de Chantada sobre galleta mariñeira

Receitas October 29th, 2009

Unha receita de Colineta

Hai tempo que anda a foto polo meu escritorio pero sempre aparecía nun momento en que non podía publicala. Hoxe si vai.

Foi a comezos de verán que tiña unhas cereixas de Chantada, das que alí chaman “da onza” e no Valadouro “blancás“, que para min son unha das variedades máis deliciosas que hai desta froita, por moito que a pinta exterior non sexa moi boa, xa que se trata de cereixas que teñen un lado vermello e outro branco (de onde ven o nome) que lles fai parecer que non están maduras. O sabor é delicioso e unha vez cociñadas son unha explosión de sabor na boca. Quen sempre se teña preguntado de onde ven o sabor que teñen os xeados de cereixas que probe a cociñar unhas blancás e dará con el de inmediato.

A receita de hoxe é moi sinxela. Tórase o solombo de porco en rodas delgadas e de inmediato frítese na tixola con aceite ben quente. Volta e volta rápida que se trata de carne moi tenra e que se fai moi rápido. Sálgase e reservase.

Na mesma tixola e co aceite sobrante saltéanse as cereixas, engadindo de seguido unha copiña dun bo vermú (nos andeis dos supermercados hai vermús de tipo tradicional que lle dan mil voltas ao martini e ademais custan a metade ou menos), que deixaremos reducir a lume vivo para de seguido servir a carne coas cereixas, napando co prebe que queda na tixola.

Neste caso derriba da galleta mariñeira presentase una roda de solombo cunha cereixa sen óso e molladiño cun chisco de prebe. Que aproveite.

Tanto a receita como a fotografía que a acompaña foron tomadas, con autorización do propietario,  do blog Colineta

blank