Receita Solidaria Nº016
Receitas January 5th, 2012
Daveigas con xamón, figos e queixo
Enlace: http://lacocinadenati.blogspot.com/2012/01/daveigas-con-jamon-higos-y-queso.html
Daveigas con xamón, figos e queixo
Enlace: http://lacocinadenati.blogspot.com/2012/01/daveigas-con-jamon-higos-y-queso.html
Canapé de mojama con pemento vermello
Enlace: http://lasrecetasdejose.blogspot.com/2012/01/canape-de-mojama-con-pimiento-rojo.html
Canapés de Salmón e Pastel de Cabracho
Enlace: http://cocinabetulo.blogspot.com/2012/01/suquet-de-sepia-canapes-de-salmon-y.html
Bocados de ensalada temperada de gulas e cogomelos
Enlace: http://novasadejarnada.blogspot.com/2011/12/bocados-de-ensalada-templada-de-gulas-y.html
Hola a Tod@s. Pois non houbo sorte. Xa sabedes que o gordo de Nadal é o nº 58268 co que as dúas derradeiras cifras non coinciden con ningunha das receitas presentadas ata o de agora. Deste xeito, e como xa vos adiantabamos hai uns días, hoxe mesmo ábrese de novo o concurso podendo presentar receitas ata as 00.00h do día 4 de Xaneiro. A receita gañadora será aquela cuxas dúas derradeiras cifras do número de entrada no noso blog coincidan coas dúas derradeiras cifras do gordo do Sorteo do Neno. As receitas presentadas ata o día 15 entrarán automáticamente no sorteo e as que entren a partires de hoxe iranse numerando do número 012 (incluído) en diante. Animádevos todos aqueles que non participástedes aínda a ver se así conseguimos sumar o maior número de receitas posibles. Xa sabedes que por cada receita recibida entregamos un lote dos nosos produtos ó banco de alimentos de Lugo. Moitas gracias por adiantado, moita sorte,Feliz Nadal e moi bo ano próximo para todos!!!
Recordámosvos as BASES.
Tal e como se recolle nas bases, o pasado día 15 rematou o prazo para participar no Concurso de receitas solidarias. Presentáronse 11 receitas. Premiarase aquela que teña unha numeración que corresponda coas dúas derradeiras cifras do sorteo de Nadal do día 22. En caso de que non haxa ningunha receita premiada, o propio día 22 abrirase de novo o concurso podendo presentar receitas ata o día 4 de Xaneiro. As receitas presentadas ata o día 15 entrarán automáticamente no sorteo e as que entren a partires do día 22 iranse numerando do número 012 (incluído) en diante. Sorte e moitas gracias a todos por participar!!
A ver que nos depara o sorteo do día 22. Aínda nos volveremos a atopar a través do blog pero xa vos adiantamos que esperamos que todos teñades unhas estupendas festas do Nadal e que o 2012 sexa un ano cheo de boas cousas para todos.
Bos días a todos. Esperamos que estedes disfrutando desta semana. Queriamos recordarvos que o día 15 deste mes remata o prazo para participar no Concurso de receitas solidarias que temos en marcha. A estas alturas o número de participantes non é o que esperabamos por eso nos gustaría que nos deixarades suxestións e propostas para en próximas ocasións facer chegar ao banco de alimentos máis lotes de produtos o que quererá dicir que a participación é maior que a acadada ata o momento. Esperamos as vosas opinións para seguir mellorando e lembrade que aínda queda unha semana de concurso. Animádevos todos!! Moitas gracias e unha aperta dende Galicia.
Ata o 15 de Decembro temos en marcha un concurso de receitas solidarias elaboradas con algún dos nosos produtos. Os gañadores recibirán un lote de produtos galegos. Por cada receita recibida enviaremos un lote de produtos Daveiga ó Banco de Alimentos de Lugo. Agardamos a vosa participación e moita sorte a tod@s!! Estas son as BASES.